CAMELIAS MASCOTAS

VÉRTEBRAS

04mai21:30VÉRTEBRASCONCERTOS | 10,51 €21:30(GMT+02:00) Sala Doppler

Detalles do eventos

VÉRTEBRAS presentan o seu primer traballo, “42 Gramos”

Fronte aos discursos baleiros e á predominante analoxía en canto a sonoridades que semella impoñerse na escena musical máis manistream, Vértebras postulan no seu debut un disco de hip hop explícito, reflexivo e impregnado de rabia e conciencia no conceptual, á vez que excitante, desprexuízado e poliédrico no musical.

Xa deron pistas máis que reveladoras do que estaba por vir no seu single de adianto, Moito love. Agora, co seu primeiro disco longo, 42 Gramos, corroboran e amplifican o que entón intuíamos. Que a Vértebras quédanselle estreitas as fronteiras do xénero e que transcenden con moito calquera tipo de etiquetaxe posible. Nin sequera o máis evidente, a teor dos seus contidos, o de «hip hop feminista», fai xustiza ao que Ika Subersiva e Amari propoñen. «Por suposto que somos feministas. Pero tamén somos anticapitalistas, antirracistas e anti unha chea de cousas. Que nos van a asignar, unha etiqueta para cada unha?», alegan.

E é que certamente, o catálogo de cuestións sociais que abordan Vértebras neste disco, cantado en español e galego, é tan amplo como o seu inventario de inquietudes. Desde a homenaxe ás mulleres que loitaron e morreron pola liberdade na Guerra Civil (Nuestras Rosas), ata a alerta perante os problemas de saúde mental e a deszón por «os medos que baten as entrañas» (42 Gramos e Amistad y Rebeldía). Desde a idioneidade de verbalizar a rabia (Moito Love), á reinvindicación en bucle do «non podes tocar sen consentimento» (Jauría Organizada). Desde a denuncia das inxustizas sen castigo e dos afagos gratuítos para os poderosos (Pa ti no hay condena), ou a chamada á insurección fronte á explotación e o sometemento (Hijas de Nix), ao boom boom clap hedonista dunha rave no abismo (El tekno de las bestias).

Tamén no musical Vértebras desmárcanse da homoxeneidade reinante. Aínda que no ton global do disco imponse o boom bap aderezado con certa querenza ao rap old school, a gama de cores dos beats ábrese en abano, convertendo estes 42 Gramos nunha excitante exposición do que o dúo é capaz de facer, desprovistas por completo de complexos. Así, en cortes como Jauría Organizada substitúen os beats por guitarras e batería. Ou en El tekno de las bestias lánzanse aos brazos dunha febril e bailable electrónica. «Por si me toca morir mañana», proclaman. Que non será o caso. Unha longa vida augurámoslle a Vértebras.

Máis

Hora

4 maio, 2024 21:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Doppler

Rúa Martín Códax, 19-13, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events