CAMELIAS MASCOTAS

Verbena Market

10xuñ10:00Verbena MarketFESTIVAIS E FEIRAS | De balde10:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

Nova edición do Verbena Market este sábado, 10 de xuño, de 12 a 20h, no Casco Vello Alto. O evento, impulsado por Lucía de Luciérnaga Graphics, tamén autora do cartel quere poñer en valoro lugar onde se realiza “Praza do abanico onde a casa da Collona”.

Verbena Market reflicte ben o espírito da frase “isto é a casa da Collona”, un lugar no que suceden moitas cousas. Hai artesáns de diferentes disciplinas, hai música, hai comida ( da man de Fermentun 42 e de Bo gusto, negocios do barrio) hai conta contos e talleres de cómic, e un tarot moi revolucionario. Sobre todo hai ganas de dar a coñecer, de facerse visible e de pasar un intre agradable.

Programa:

12:30 h – Asociación Évame Oroza – Conta contos con Fracesca López d’a Silva: Nerón, o canciño que roda por Vigo.

13 h – Praza do Abanico – Vermú Pop Rock dos anos 90.

16 h – Praza do Abanico – Tarot con Pauliña Fronkonstine. Se buscas respostas totalmente equivocadas podes anotarte en verbenamarket@gmail.com

17 h – Asociación Évame Oroza – Taller de cómic. Para todas as idades e impartido por María Vilar e Iago Araujo, de Kame.

17:30 – Praza do Abanico – Concerto acústico de Paul Clarke.

Algunhas das marcas presentes no mercado son: Brasaanï Studio (arte floral), IK Studio Moda unisex de chubasqueros, Noemillantada ilustración con temática de memes, Misoco cerámica….e un posto de fotografía de Deriva Cultural, cun photocall para que podas levar un recordo especial do evento.

Máis

Hora

10 xuño, 2023 10:00(GMT+01:00)