REVISTA NADAL

Venres da EMAO: "Juan de la Colina. Aproximación a unha traxectoria"

03nov19:00Venres da EMAO: "Juan de la Colina. Aproximación a unha traxectoria"ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

Juan de la Colina (A Coruña, 1958), doutor en Belas Artes, é un artista multidisciplinar con 40 anos de traxectoria. “Levo o pintor en todo o que fago”, gústalle dicir a este creador de imaxes e director de cine, que ademais é teórico de arte, comisario de exposicións e docente. Nos últimos anos vén traballando en varias series, centradas no arquivo e a memoria. “Unha viaxe poética da vida e volta ao pasado que, sen renunciar á ida de beleza, preséntasenos como un cru achegamento a quen somos”.

Presentado por Daría Basso (mestre de Pintura da EMAO)

Máis