
Detalles do eventos
O xoves 30 de setembro inaugúrase, en STV Espacio de Arte, a exposición ‘Variaciones sobre la piedra fría’, de Jorge Varela. A inauguración contará coa presencia do artista.
'VARIACIONES SOBRE LA PIEDRA FRÍA' DE Jorge Varela
O xoves 30 de setembro inaugúrase, en STV Espacio de Arte, a exposición ‘Variaciones sobre la piedra fría’, de Jorge Varela. A inauguración contará coa presencia do artista.
As obras que se presentan nesta exposición pertencen á terceira parte dunha triloxía que comeza con ‘5 fragmentos de una historia más larga’ e continúa con ‘Las notas geométricas’.
Establecendo conexións e trazando liñas de fuga entre a investigación historiográfica e o relato autobiográfico, os proxectos de Jorge Varela analizan e cuestionan moitas das convencións establecidas ao redor da escultura contemporánea.
Para a serie ‘Variaciones sobre la piedra fría’, o punto de partida atópase na investigación acerca dun motivo escultórico da iconografía barroca e renacentista: Cristo sentado sobre a pedra fría, agardando ser cravado na cruz. Deste conxunto iconográfico, a mirada analítica de Jorge Varela abstrae o formalismo poliédrico con que se adoita representar a pedra sobre a que senta Jesús, e a partir de aí elabora a súa proposta.
A entrada é libre, cun horario de 19:00h a 21:15h para acceder de forma escalonada.
Máis

(Xoves) 19:00
SIRVENT. SVT Espacio de Arte
Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra