REVISTA ABRIL

Vaivén Circo 'Esencial'

19nov20:00Vaivén Circo 'Esencial'ESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+01:00) CC Vialia

Detalles do eventos

ESENCIAL é un espectáculo que fala de transicións. Cinco personaxes que xogan, que soñan, unha viaxe de aventuras que nos levará a lugares recónditos nos que a decisión vital será tomar o camiño máis simple.

Este novo espectáculo de Vaivén Circo preséntase cunha posta en escena inspirada no «Arco da vella de Waldorf», un xoguete composto por piares e arcos que propician unha espectacular escenografía. Estamos ante unha arquitectura cambiante e capaz de reinventarse, como o propio ser humano fai na procura do seu progreso. Unha escenografía con tinguiduras poéticas, idónea para crear un ambiente máxico no que traballar co equilibrio, con sutís diferenzas que poden propiciar que se pase do caos á harmonía nuns segundos.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events