REVISTA OUTUBRO

Este é un evento repetitivo

V7: El arte de silenciar

04out20:00V7: El arte de silenciarESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Venres, sábado e domingo ás 20:00

O proxecto V7 é un proxecto teatral de creación propia a partir dunha investigación sobre o medo e a liberdade de expresión. O espectáculo leva profundamente inscrita a tensión e o debate que conleva a censura e a autocensura como ideas de control do libre pensamento e da libre expresión. Cales son os límites? Por que censuramos? Que aceptamos da diverxencia?

O espectáculo mostra a dous personaxes que se atopan nun único espazo escénico onde representan un diálogo eterno e reflexivo. Por unha banda, a Puta, como símbolo da perversión e a submisión da muller e como personaxe que cuestiona o sistema patriarcal que impón unhas leis de control, e o Censor, que incitará á Puta para contar a súa historia, expoñerse, sentir. Este diálogo eterno permitirá reflexionar sobre temas como a censura, a violencia ou o poder, entre outros

Entradas

Máis

Hora

4 outubro, 2024 20:00(GMT+02:00)