REVISTA ABRIL

Uxía Lambona e a Banda Molona

08xan17:00Uxía Lambona e a Banda MolonaPEQUERRECHOS | De balde17:00(GMT+01:00) Praza de Independencia

Detalles do eventos

Uxía Lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil que nace no ano 2014 e está formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Uxía cantando e animando! .

Ten o obxectivo de facer cantar e bailar coma toliños a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego. Recollen os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, dende A Carolina “rapeada” ata O Jato “rockeiro”, pasando por outros moitos temas tradicionais, todos eles moi dinámicos, facendo que todos os nenos presentes sexan partícipes deste “des-concerto”, cheo de bailes, xogos, coreografías e algunha que outra ¡SORPRESA!

A día de hoxe teñen tres cd´s publicados: ‘Uxía Lambona e a Banda Lambona’ (2015), ‘A bailar coma tol@s’ (2017) e ‘Astronauta Sideral’ (2019).

Domingo 8 ás 17:00

Acceso libre

Máis

Hora

(Domingo) 17:00(GMT+01:00)

Localización

Praza de Independencia

Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra

Other Events