REVISTA ABRIL

Unha noite con Laxeiro

17mai12:30Unha noite con LaxeiroPEQUERRECHOS | De balde12:30(GMT+02:00) Fundación Laxeiro

Detalles do eventos

O vindeiro 17 de maio, ás 12.30h do mediodía, terá lugar na Fundación Laxeiro o espectáculo de monicreques para público infantil titulado Unha noite con Laxeiro a cargo da compañía Titeresnatuacasa. A Fundación Laxeiro une a celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio) co Día Internacional dos Museos (18 de maio) neste espectáculo para nenas e nenos de enre 3 e 10 anos que a Fundación Laxeiro ofrece de forma gratutíta. 

Para asistir, só hai que enviar un correo electrónico a info@laxeiro.org escribindo os nomes completos das persoas asistentes, a idade dos nenos e nenas e un número de teléfono de contacto. Como o aforo é limitado, a Fundación Laxeiro pide que só asista un adulto por familia. 

Unha noite con Laxeiro é unha creación de Titeresnatuacasa na que o neno Pepiño soña que é un personaxe de Laxeiro e vaise atopando con outros personaxes dos cadros do artista, que lle contan diversas historias sobre a arte e a fantasía, ata que, finalmente, Pepiño atopa o camiño de regreso ao mundo real e desperta do soño.

Máis

Hora

(Martes) 12:30(GMT+02:00)

Localización

Fundación Laxeiro

Rúa Policarpo Sanz, 15, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events