GFFF
GFFF

Underfest: Inauguración expo We Three Club + concerto Beta Máximo

19set20:00Underfest: Inauguración expo We Three Club + concerto Beta MáximoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Galería Maraca

Detalles do eventos

Este XOVES 19 Sep a programación complementaria do festival Underfest Xacobeo comeza co ciclo ROCK’INK: MUSIC & ART, que este ano nos trae unha exposición de gig posters do estudo londiniense WE THREE CLUB, comisariada pola Galería Maraca

We Three Club son un estudo de deseño inglés especializado na escena musical, sendo uns dos deseñadores de posters de concertos máis recoñecidos de Europa. O estudo, dirixido pola parella Christopher e Alex White, leva desde hai unha década creando centos de carteis de concertos serigrafiados, portadas de discos e merchandise para bandas como Metallica, Johnny Marr, Florence & The Machine, Arctic Monkeys ou Smashing Pumpkins entre moitos outros.

Na inauguración poderedes tomarvos unha Estrela Galicia fresquita e contaremos tamén co concerto do inclasificable, enmascarado e sempre sorprendente BETA MÁXIMO

Máis

Hora

19 setembro, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

Galería Maraca

Rúa do Doutor Cadaval, 12, bajo, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events