
30dec19:00UndercoverCONCERTOS | De balde19:00 CC Vialia
Detalles do eventos
O CC Vialia acolle en concerto á banda de pop e rock Undercover, o vindeiro xoves 30 de decembro ás 19:00h. Undercover é unha banda
Undercover
O CC Vialia acolle en concerto á banda de pop e rock Undercover, o vindeiro xoves 30 de decembro ás 19:00h.
Undercover é unha banda que versiona clásicos do Rock, Pop e Blues de todas as épocas. Xorde nos locais de ensaio do Concello de Oleiros a finais de 2015, ao irse sumando ao proxecto varios amigos que pertencen ou pertenceron a diferentes formacións musicais coruñesas.
A persoal voz de Santi danlle un estilo propio, adaptando as cancións e ao mesmo tempo fuxindo de imitacións. Desde xulio de 2021, conta coa colaboración da cantante e multinstrumentista británica afincada na Coruña Sophie Simonds.
A banda é tamén una das fundadoras da Asociación Musicoleiros, que ten como obxectivo a promoción dos músicos que residen en Oleiros.
Entrada libre
Máis
(Xoves) 19:00
CC Vialia
Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra