Un saco de contos
26dec17:30Un saco de contosPEQUERRECHOS | De balde17:30(GMT+01:00) Museo Verbum
Detalles do eventos
Un día, o Gonzalo de Goás foi acompañar á Angelina da Lamagrande dende a feira de Gontán ata Romariz. E foron todo o camiño calados e, cando chegaron,
Detalles do eventos
Un día, o Gonzalo de Goás foi acompañar á Angelina da Lamagrande dende a feira de Gontán ata Romariz. E foron todo o camiño calados e, cando chegaron, el mirou para ela e díxolle: “Oes, do que falamos… nin palabra!”
Ángeles Goás soubo axina que veu ao mundo para escoitar porque cando o facía, nada lle urxía e por eso quixo adicarse so a iso. Escoitaba a coñecidos e descoñecidos, aos vellos e non tan vellos, aso parentes de lonxe e aos de preto…
Pero un día entendeu que quen escoita historias, ten que contar algunhas (que non todo o que che contan se pode contar) e empezou aos poucos a buscar quen lle ensinase a facelo. Despois diso comezou a contar do que calou de nena… algunhas historias tinguidas de realidade e outras tecidas con fantasía.
Destas historias tecidas con fantasía e a súa experiencia como mestra en Primaria sae o seu primer espectáculo infantil titulado Un saco de contos.
Luns 26 ás 17:30
Máis
Hora
26 decembro, 2022 17:30(GMT+01:00)
Localización
Museo Verbum
Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes