Augusta

12feb17:30UN PASEO POLO MARPEQUERRECHOS | De balde17:30 Museo do Mar

UN PASEO POLO MAR

Actividades didácticas para o mes de febreiro no Museo do Mar de Galicia:

CAMIÑOS POR MAR A COMPOSTELA – Venres, ás 17:30h
Visita guiada de 45 minutos para maiores de 8 anos.

Visita guiada á nova sala de exposición permanente Camiños por mar a Compostela, na que falaremos sobre as peregrinacións en xeral e sobre as peregrinacións marítimas a Santiago de Compostela en concreto. Na visita explicaranse as pezas principais da sala, entre as que se atopa un astrolabio único no mundo.

UN MAR DE CARETAS – Sábados, ás 11:30h
Obradoiro familiar de 50 minutos para nenos de entre 5 e 8 anos

Quen vive na nosa ría? Peixes, crustáceos e moluscos danzan baixo a auga do mar. Durante a actividade no acuario observaremos a todos estes animais e descubriremos os seus segredos. Tamén falaremos de porqué moitas veces están tristes e de como nos podemos axudalos. Para finalizar traballaremos na aula con material de refugallo para elaborar as nosas caretas de carnaval de animais mariños.

UN PASEO POLO MAR -Sábados ás 17:30h e domingos ás 11:30 e 17:30h
Visita guiada de 45 minutos para nenos a partir de 8 anos.

Un paseo polas diferentes salas do museo para coñecer e descubrir a historia mariñeira de Galicia e a importancia do mar como recurso natural. Abordaremos as ciencias relacionadas co mar ao tempo que descubrimos marabillosas pezas do pasado e do presente. Unha oportunidade para mergullarnos en familia no noso rico patrimonio cultural.

INFORMACIÓN E RESERVAS: de martes a sábado de 11:00 a 14:00 horas no teléfono 986247750 ou no mail info.museodomar@xunta.es.

As reservas deben realizarse cun día de antelación mínimo e deben indicar:

* Día, hora e actividade escollida
* Nº de participantes e idades
* Nome e nº de teléfono de contacto da persoa que realiza a reserva

Máis

Hora

(Domingo) 17:30

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

X