REVISTA ABRIL

Un hotel de primeira sobre o río

04mai20:30Un hotel de primeira sobre o ríoESPECTÁCULOS | Desde 8,00 €20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

O Centro Dramático Galego inicia en Vigo, no Teatro Afundación da cidade olívica, a xira do espectáculo Un hotel de primeira sobre o río, cunha función que terá lugar o 4 de maio, ás 20:30 h no Teatro Afundación. Entrada á venda en Ataquilla.

A obra de Xohana Torres, dirixida por Gonçalo Guerreiro e María Torres, conta cun elenco integrado por Iván Davila, Raquel Espada, Sofía Espiñeira, Merche Pérez, Nicolás Otero, Pablo Sánchez e Lidia Veiga. Primeiro espectáculo profesional a partir deste texto de Xohana Torres, recoñecido co Premio Castelao en 1968.

En Un hotel de primeira sobre o río, o texto dialoga co teatro de movemento, a danza, a música e as artes visuais para afondar na reflexión, o cuestionamento e o debate arredor das dicotomías rural e urbano, e progreso e tradición. O espectáculo desprega en tres actos a historia de Ruth, quen vive e traballa nun val afectado por un proxecto urbanístico para construír un hotel cunha área recreativa, narrando a presión á que se ve sometida para que renuncie á súa terra e ás súas raíces e evocando de xeito onírico a dualidade entre a realidade e a súa imaxinación. Este mundo emocional concrétase tamén na escenografía, deseñada para poñer a proba o equilibrio e a estabilidade dos intérpretes.

Máis

Hora

(Xoves) 20:30(GMT+02:00)