O poemario 'Ultraluz' de Ledicia Costas cobra vida no escenario xunto a Amaro Ferreiro
Detalles do eventos
Ultraluz é unha oproposta escénica que cruza a poesía, a través da voz de Ledicia Costas, a música, da man de Amaro Ferreiro e Sergio Martínez, e a
Detalles do eventos
Ultraluz é unha oproposta escénica que cruza a poesía, a través da voz de Ledicia Costas, a música, da man de Amaro Ferreiro e Sergio Martínez, e a luz.
Ultraluz é unha viaxe a un mundo subterráneo onde se constrúen espazos nos que estar a salvo das sombras que nos fan estoupar. É como baleirarse por dentro para extirpar os nosos monstros. É un traballo doce pero radical, é delicado e é escuro. Hai morte, hai dor e, ao mesmo tempo, hai tanta luz que queres quedar aí dentro. No medio desta dualidade atopamos ambientes e texturas electrónicas, piano e guitarra eléctrica para converter os poemas de Ledicia Costas nun experimento de spoken word e música atmosférica.
Esta proposta é a adaptación do libro de poemas Ultraluz, co que Ledicia Costas goñou o XX Premio de Poesía Afundación, ao escenario. Significa a conversión da obra a unha nova expresión artística onde conviven palabra, música e luz. Dialogando arredor de Ultraluz, o músico e a autora decidiron experimentar para buscar as novas posibilidades que existían sobre un escenario. Deste xeito, Amaro Ferreiro procurou os sons para envolver os poemas. Xuntos inventaron unha nova dimensión de Ultraluz que potencia o que hai nas páxinas do libro.
Entrada de balde. Reserva de sitio escribindo a aikrana.info@gmail.com
Máis
Hora
19 decembro, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes