REVISTA ABRIL

Uf Dog Concerto Sala Doppler

04feb22:00Uf Dog Concerto Sala DopplerCONCERTOS | Desde 8,00€22:00(GMT+01:00) Sala Doppler

Detalles do eventos

O vindeiro sábado 4 de febreiro na sala Doppler, teremos a oportunidade de gozar de Uf Dog e Jay Saez presentando o seu novo disco Ufboys Worldwide.

Acompañados polo colectivo Juli Bellas, preséntase como unha data marcada no calendario para a escena de rap local. Ufboys Worldwide, é o primeiro traballo de longa duración do dúo galego-alacantino, que bebe da influencia do rap da costa este estadounidense. Grazas aos seus ritmos pesados, a frescura no micro e unha coidada presentación visual, conseguiu chamar a atención de varios medios nacionais como Radio 3 ou Canal Sur.

Pola súa banda, o colectivo Juli Bellas presentará o seu EP debut Hooligamberros, que combina unha frescura actual co respecto e homenaxe aos clásicos yankees. Sumado ao seu enérxico directo, é a ocasión perfecta para coñecer a proposta dun dos colectivos emerxentes máis interesantes do rap galego.

As portas abrirán ás 21:00 e as entradas poderanse adquirir online e en despacho de billetes.

Máis

Hora

(Sábado) 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Doppler

Rúa Martín Códax, 19-13, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events