PORTAMERICA
CAMELIAS NADAL

Trol

14mai12:30TrolCONCERTOS | De balde12:30(GMT+02:00) O Lar das Artes

Detalles do eventos

En setembro de 2022 abría en Matamá, fronte ao cemiterio (rúa Ribelas 60), O Lar das Artes. Autodefínese como un asador cultural, xa que alí podemos degustar deliciosas carnes ao estilo uruguaio mentres desfrutamos dunha variada programación artística: concertos, monólogos e eventos varios. Detrás deste proxecto están Tincho Fernán e Nuria González, ambos artistas musicais ben coñecidos na nosa cidade. Segundo como estea o día, O Lar das Artes dispón de zona e interior e dunha acolledora terraza onde se realizan habitualmente os concertos.

Programa

Todos os venres (20:30): o músico africano Ousmane realizará versións de clásicos do pop, rock e músicas do mundo
Venres 5 (20:30): encontro moteiro da peña Arredemos
Sábado 6 (12:30): concerto de Villanueva, que está a celebrar unha xira especial polo décimo aniversario do seu primeiro álbum
Domingo 7: día da nai, polo que o local convida a todas elas á sobremesa
Domingo 14 (12:30): hard rock instrumental da man da banda Trol
Sábado 20 (12:30): o rapeiro Cedecé ofrecerá un concerto acústico dentro da súa xira Más abierto que nunca
Domingo 21 (12:30): Feira americana de roupa de segunda man con prezos entre 1 e 3€
Domingo 28 (12:30): concerto do dúo flamenco Tony Delgado y El Primo

Máis

Hora

14 maio, 2023 12:30(GMT+01:00)

Localización

O Lar das Artes

Rúa Ribelas, 60, 36213 Vigo, Pontevedra

Other Events