REVISTA ABRIL

'Trementina' de Pompa & Boato

21xan19:00'Trementina' de Pompa & BoatoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Fnac Vialia

Detalles do eventos

Presentación do libro Trementina , segundo poemario de Pompa & Boato, seudónimo de Samuel Merino, filólogo e poeta de Mos. O acto comezará cun coloquio do autor xunto a Tamara Novoa e continuará recitando algúns dos seus poemas acompañado polo músico Fernán Permuy.

Merino define o poemario como un libro “esencial, no sentido máis literal da palabra. É o que queda despois da destilación, o que permanece en min, de min e a través da min, co paso dos annos. Unha sucesión de horas, instantes, circunstancias que eu vexo reflectidos nos ollos da muller que foi, é e será a medida de todas as cousas…

Este libro escríbeo un neno criado nunha casa vella e hermosamente destruída.

Este libro escríbeo un neno que chora cada vez que a súa avoa vai traballar porque pensa que non volverá a vela más.

Este libro escríbeo un home que chora cando o abandonan porque cre que ninguén o quererá de novo.

Este libro escríbollo á miña avoa porque non quero chegar tarde.”

Máis

Hora

(Venres) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Fnac Vialia

Plaza de la Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events