
Detalles do eventos
Presentación do libro Trementina , segundo poemario de Pompa & Boato, seudónimo de Samuel Merino, filólogo e poeta de Mos. O acto comezará cun coloquio do autor xunto
Detalles do eventos
Presentación do libro Trementina , segundo poemario de Pompa & Boato, seudónimo de Samuel Merino, filólogo e poeta de Mos. O acto comezará cun coloquio do autor xunto a Tamara Novoa e continuará recitando algúns dos seus poemas acompañado polo músico Fernán Permuy.
Merino define o poemario como un libro “esencial, no sentido máis literal da palabra. É o que queda despois da destilación, o que permanece en min, de min e a través da min, co paso dos annos. Unha sucesión de horas, instantes, circunstancias que eu vexo reflectidos nos ollos da muller que foi, é e será a medida de todas as cousas…
Este libro escríbeo un neno criado nunha casa vella e hermosamente destruída.
Este libro escríbeo un neno que chora cada vez que a súa avoa vai traballar porque pensa que non volverá a vela más.
Este libro escríbeo un home que chora cando o abandonan porque cre que ninguén o quererá de novo.
Este libro escríbollo á miña avoa porque non quero chegar tarde.”
Máis
Hora
21 xaneiro, 2022 19:00(GMT+01:00)
Localización
Fnac Vialia
Plaza de la Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra