REVISTA ABRIL

TRAVELOGUE VALIGIA de Guillermo Aymerich

27abr(abr 27)10:0017xuñ(xuñ 17)13:00TRAVELOGUE VALIGIA de Guillermo AymerichARTE E MUSEOS | De balde10:00 - (xuño 17) 13:00(GMT+02:00) SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Detalles do eventos

TRAVELOGUE VALIGIA, valija de cadernos de viaxe. Fixar as vivencias, facer reconto do colleitado, esa é a esencia da viaxe, esforzarse en reter o vivido e inventariar o experimentado. Traballos de campo que investigan ese delicado tecido de ideas e emocións a través do cal se establecen os vínculos afectivos entre os seres humanos e o lugar que habitan.

China, Nova York, Alpes bávaros, Bretaña francesa, Nordeste brasileiro, Norte de Marrocos, os Balcáns de Bosnia e Hercegovina, Islandia, Mongolia interior, Hong Kong, Corea do Sur, Xapón, a Costa Oeste americana, Beijing e o Sueste asiático, cruzando o ecuador asiático desde Malaisia ata Indonesia, Xava, Sumatra, Borneo malayo, Sabah, Saigón, Birmania, Cambodia, Singapore, Laos, o vietnamita Delta do Mekong, Sri Lanka…

TRAVELOGUE VALIGIA, os traballos que agora presentamos en SVT Espazo de Arte, na súa gran maioría inéditos, recollen unha selección das obras producidas por Guillermo Aymerich nese deambular no que calquera idea de destino móstrase provisional e transitoria, meta perennemente aprazada. Apuntamentos, bosquexos e debuxos máis elaborados, realizados sobre todo tipo de soportes, testemuños plásticos dunha errancia, rastros dunha procura existencial que atopou na imaxe da viaxe e do camiño o seu máis axustado correlato alegórico.

A exposición será desde o 27 de abril ata o 17 de xuño na SVT Espazo de Arte. Entrada de balde. Lun a Vie 10:00-13:30 hotas y 16:30-20:00 horas / Sáb 10:00-13:30 horas.

Máis

Hora

Abril 27 (Xoves) 10:00 - Xuño 17 (Sábado) 13:00(GMT+02:00)

Localización

SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events