
17mai13:00Torreiroland 2025FESTIVAIS E FEIRAS | De balde13:00(GMT+02:00) Torreiro do Vao
Detalles do eventos
O próximo sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, chega ao Torreiro da Comisión de Festas Virxe do Carme, no Vao (Coruxo), a segunda edición do Torreiroland
Detalles do eventos
O próximo sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, chega ao Torreiro da Comisión de Festas Virxe do Carme, no Vao (Coruxo), a segunda edición do Torreiroland cun cartaz que aúna música, poesía, xogos tradicionais e baile aderezado con comida e bebida. Unha xornada que arrancará ás 12:30 horas coa actuación do Grupo de Gaitas do Crac seguido en sesión vermú de Pedro Razkin, antigo compoñente do grupo musical La Fuga. Á tardiña continuará con Francisco Castro e o seu disco Agora é o tempo, o grupo Meizoi, a banda de rock Storrentos e pechando o día Dj Limón.
A xornada contará ademáis con bebida e comida e con xogos tradicionais, tanto para maiores como para os máis cativos da casa que correrán a cargo de Enxebre Animación. O toque poético o porá o Grupo de Teatro Troate cun recital de Rosalía de Castro titulado Non che digo nada…,pero vaia! e ademáis contaremos cun Torneo de Chave que terá como premio unha cea para dúas persoas no Restaurante Costa da Pola.
Música, tradición e baile dáranse a man nun espazo único ao carón da praia do Vao onde poder gozar dunha festa única nun ambiente inmellorable que vai quentando motores de cara as próximas Festas do Carme 2025 que se celebrarán en xullo.
Programación de todo o día:

Máis
Hora
17 maio, 2025 13:00(GMT+02:00)
Localización
Torreiro do Vao
Mirador de Torreiro, 36156 Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual