
Detalles do eventos
Este venres 24 estréase en directo Top Secret, grupo creado como banda residente da sala Reverb, onde actuarán cada xoves a partir de marzo. En Top Secret participan
Top Secret, banda residente da nova sala Reverb, estréase este venres
Este venres 24 estréase en directo Top Secret, grupo creado como banda residente da sala Reverb, onde actuarán cada xoves a partir de marzo. En Top Secret participan algúns dos músicos máis coñecidos e recoñecidos de Vigo, como Toño López, cantante de The Soul Jacket ou Adolfo FH, frontman de Stoned at Pompeii. Completan o quinteto Charly Birdy, Dave Royal e Julius Magnificus. Son un grupo de versións, pero aseguran que fuxirán das clásicas cancións e intentarán sorprender con temas de pop, rock, soul, funk, blues, dance e reggae. Eles defínense na súa conta de instagram como “un grupo todoterreno, co eclecticismo por bandeira e un toque persoal”.
Reverb é unha nova sala de concertos e discoteca inaugurada o pasado venres na rúa do Areal, 14, no local que antes ocupaba o popular bar nocturno Ferré. Os responsables aspiran a ser un punto de encontro entre o público do Areal, o de Churruca e o do Casco Vello e por iso a oferta desta nova etapa incluirá moita música en directo.
Venres 24 de febreiro ás 23:00h
Máis

(Venres) 23:00
Reverb
Rúa do Areal, 14