The Wild Fest
Detalles do eventos
Do 23 ao 25 de xuño, no Parque Forestal de San Miguel de Oia (Vigo), volve The Wild! Festival de cultura e desfrute da natureza
Detalles do eventos
Do 23 ao 25 de xuño, no Parque Forestal de San Miguel de Oia (Vigo), volve The Wild!
Festival de cultura e desfrute da natureza cos concertos de SÉS, ÁNGEL STANICH, BIZNAGA E ZELTIA IREVIRE.
O festival celébrase no Parque Forestal de San Miguel de Oia os días 23, 24 e 25 de xuño, un espazo natural con merendeiro, bosque autóctono e miradoiros á ría e as Illas Cíes. Ademais da posibilidade de desfrutar de música e cultura na natureza o entorno propicia a realización de actividades como Orientaventura, actividade de orientación por equipos que cada ano enche as súas prazas; e Canicross, carreira na que os participantes van acompañados do seu can.
The Wild Cinema cumpre cinco anos e prepara a súa edición máis ambiciosa. O certame de cinema con foco na natureza naceu en 2019 no seo do festival multidisciplinar vigués The Wild Fest e creceu ata adquirir a súa propia identidade e consolidarse como o único festival de temática medioambiental en Galicia.
Este ano continuará a crecer aumentando o número de filmes proxectados e de ralizadores convidados, creando sesións especialmente pensadas para a rapazada, repartindo tres galardóns e incorporando a posibilidade de desfrutar do certame en versión online.
- VENRES E DOMINGO ENTRADA DE BALDE
- ENTRADAS DO SÁBADO POR 18 € Á VENDA AQUÍ
Máis
Hora
23 xuño, 2023 17:30 - 25 xuño, 2023 19:00(GMT+01:00)
Localización
Parque Forestal de San Miguel de Oia
36390 Oya, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes