REVISTA ABRIL

Terra firme de Eva Comesaña

04xuñ20:30Terra firme de Eva ComesañaESPECTÁCULOS | De balde20:30(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

TerraFIRME é unha peza de danza contemporánea interpretada e creada por Eva Comesaña Sanromán.

Esta peza navega entre diferentes mares para atopar tradición, costumes e calma na terra. Fala de lugares e labores do rural e do mar, onde os corpos son os escravos da supervivencia e do traballo. Corpos modificados polo esforzo e a resistencia.
Recupera as labores das nosas ancestras que carregan auga na testa, machucan o millo, lavan e secan no rio e coidan en vilo.

De balde (Actividade financiada pola Deputación Pontevedra ).

Haberá pinchos de Outro Conto á venda!

Máis

Hora

(Sábado) 20:30(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events