PORTAMERICA
CAMELIAS NADAL

Este é un evento repetitivo

TÉCNICAS DE IMPRESIÓN PARA PEQUENOS ARTISTAS

15nov17:30TÉCNICAS DE IMPRESIÓN PARA PEQUENOS ARTISTASPEQUERRECHOS | 25,00 €17:30(GMT+01:00) Museo Marco

Detalles do eventos

Organiza: LASAL BOOKS
Imparte: PeixeSapop, artesáns galegos cunha longa traxectoria no mundo da artesanía e unha gran experiencia na creación e desenvolvemento de talleres creativos infantís, nos que sempre achegan pedagoxía e diversión a partes iguais.
Data: Venres 15, venres 22 e venres 29 de Novembro
Horario: De 17:30 a 19:30 (2 horas de duración)
Lugar: Espazo de didáctica do MARCO (Rúa Príncipe, 54)
Público: Nenos entre 5 e 10 anos
Aforo: Prazas moi limitadas
Tema: TÉCNICAS DE IMPRESIÓN PARA PEQUENOS ARTISTAS
Desenvolvemento: Desde a Antigüedade, o ser humano buscou técnicas para poder reproducir rapidamente formas e signos de maneira automática, sen ter que debuxalos un por un. Fai máis de 35 000 anos, as persoas utilizaban as mans a modo de persoais para soprar sobre elas pigmentos e decorar as súas covas. Non se trataba dun simple debuxo, senón dun
xesto automático que permitía unha rudimentaria reprodución rápida e «en serie». As técnicas de impresión evolucionaron moito desde entón, desde as máis artesanais ata as dixitais, sendo unha ferramenta fundamental de comunicación e un medio de expresión artística tremendamente completo.
Nestes talleres aprenderán diversas técnicas de impresión, experimentando con distintos materiais e soportes, sempre adaptados á súa idade e capacidade. Poderán deixar voar a súa imaxinación, dando renda solta á súa creatividade e pasarán unha tarde xenial. Como nos imos a divertir!
Inscrición: Contactando coa librería por teléfono/WhastApp 674291788; enviando email a lasalbooks@gmail.com;
ou directamente cubrindo este formulario:
https://forms.gle/6sD962hfZ5WSPR546
PVP: 25 € días soltos / 70 € prezo especial por acudir os tres días.

Máis

Hora

15 novembro, 2024 17:30(GMT+01:00)