REVISTA ABRIL

TEATRO GORRILLA: Souvenir

27xan20:00TEATRO GORRILLA: SouvenirESPECTÁCULOS | Desde 4,00€20:00(GMT+01:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

O venres 27 de xaneiro ás 20h a Casa de Arriba acolle a programación de Teatro Gorrilla que nesta ocasión nos traen a peza “O que é o raio, nin maldita idea” da compañía Souvenir. A peza se describe a sí mesma así: Non é un conto cunha lección, pero é algo parecido. Non é xente ríndose do que facemos, pero é algo parecido. Non é a mí me gusta la gasolina, dame más gasolina, a mí me gusta la gasolina dame más gasolina, pero é algo parecido. Non é un vídeo de gatiños cun millón de likes, pero é algo parecido. Non é unha aparición mariana, pero é algo parecido. Non é un espectáculo, pero é algo parecido.

Souvenir é un espazo de encontro e de experimentación lúdica. Se interesan por aquilo que está fóra do entendemento racional e da lóxica psicolóxica. A intuición, o azar, as artes do movemento e a súa combinación coa palabra son algúns dos eixos que vertebran o seu traballo. Procuran unha forma de estar no mundo improdutiva, inútil e festiva. Tamén lles encanta recoller estímulos accidentais da rúa, aos que chaman souvenires, e que son a materia prima das súas pezas. Souvenir está integrado por David Alonso e María de las Llanderas.

Teatro Gorrilla é un proxecto autoxestionado e alternativo que Sergio Llauguer, Laura Merchán e Eva Comesaña levan a cabo, pretende transformar e democratizar a cultura na cidade olívica, levando propostas contemporáneas de artes escénicas aos bares, lugares cheos de vida que apoian o arte a través de múltiples concertos, por iso, queren que as artes escénicas tamén teñan presenza nestes espazos non convencionais, e así, visibilizar novas propostas de artistas independetes da Galiza. Teatro Gorrilla comeza como resposta á baixa visibilidade das artes escénicas e a escaseza de espazos para a sua práctica e desfrute na cidade de Vigo. O funcionamento de taquilla inversa, é a de aportar polo espectáculo unha vez sexa disfrutado e así valorar canto queres pagar por él, sendo o mínimo recomendado de 4€. Isto está inspirado no teatro de rúa onde se pasa “pasa a gorra”.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events