
Detalles do eventos
O sábado 3, deu comezo no Auditorio Municipal o I Certame de Teatro Amador baixo o nome de Te Ama Vigo, que se estenderá ata o
Detalles do eventos
O sábado 3, deu comezo no Auditorio Municipal o I Certame de Teatro Amador baixo o nome de Te Ama Vigo, que se estenderá ata o 29 de xuño cun total de trece actuacións de trece compañías distintas durante as fins de semana.
Detrás desta iniciativa están os Grupos de Teatro Amador de Vigo, que na actualidade están a preparar a documentación para converterse en asociación. Aínda que soe sorprendente, ata o de agora as compañías locais de teatro non profesional non tiveron a oportunidade de actuar no Auditorio Municipal. Foi en xaneiro de 2024, nunha reunión co actual concelleiro de cultura, cando conseguiron chegar a un acordo. A proposta inicial por parte dos grupos vigueses da Federación Galega De Teatro Afeccionado (FEGATEA) era realizar dúas actuacións anuais de cada grupo, unha no centro da cidade e outra nos centros culturais colaboradores (sobre quince).

Máis
Hora
18 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra