REVISTA ABRIL

Tanxugueiras

01abr21:00TanxugueirasCONCERTOS | 15,00€21:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás Olaia e Sabela Maneiro. Comezaron a traballar xuntas baixo o nome de Tanxugueiras no ano 2016, tempo no que levan publicados dous discos e tres singles.

O seu estilo caracterízase por xuntar instrumentos e ritmos propios do folclore tradicional galego con músicas contemporáneas como o pop, o world music, a elctrónica ou o trap.

O pasado 26 de xaneiro acudiron ao festival de Benidorm con Terra, un alalá modernizado co que quedaron terceiras na carreira po representar a España no próximo Festival de Eurovisión. De conseguilo, Terra sería a primeira canción en galego en soar no emblemático concurso europeo.

O vindeiro 1 de abril, Tanxugueiras presentará no Auditorio Mar de Vigo o seu novo directo, a Xira Midas, unha proposta vibrante na que o trío de pandeireteiras presenta a nova sonoridade do grupo e que incorpora a interpretación, ao vivo, dos novos sinxelos do grupo, como Terra, Figa, Telo ou Midas.

As entradas están á venda nesta ligazón.

Máis