REVISTA ABRIL

Tameiga, 4 anos de resistencia veciñal

24nov19:00Tameiga, 4 anos de resistencia veciñalACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) ONCE

Detalles do eventos

Ecoloxistas en Acción presenta en Vigo o mércores 24 ás 19h no auditorio da ONCE, o documental ‘Tameiga, 4 anos de resistencia veciñal’, que narra os catro anos da loita dos comuneiros de Tameiga para defender o seu monte do macro proxecto comercial do Celta.

A historia abrangue desde finais de decembro do anos 2017 cando Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, anunciaba o proxecto de cidade deportiva do Celta e macro centro comercial, «coma un feito consumado ata a actualidade na que a Xustiza declarou ilegal a cidade deportiva e diferentes organismos públicos informaron desfavorablemente sobre os plans para construir o macro centro nos montes comunais de Tameiga».
A narración do longametraxe aborda a historia de xeito cronolóxico e vai construindo o relato do sucedido mediante entrevistas aos membros das directivas das asociacións que forman a Plataforma A auga é vida, as forzas políticas que denunciaron o pelotazo urbanístico e a integrantes da propia Ecoloxistas en Acción vinculados coa loita da veciñanza comuneira por preservar o monte. No documental rescatanse antigas imaxes das mobilizacions que misturanse coas entrevistas.
Coa realización desta testemuña audiovisual, «Ecoloxistas en Acción pretende destacar a exemplar loita pola defensa do ben común da veciñanza de Tameiga para que a súa fouteza e tesón sexan inspiradoras para a veciñanza doutros lugares onde o ben común está ameazado pola cobiza duns poucos».

Ao remate da proxección se fará unha charla para recoller as impresións dos asistentes na que participarán membros da xunta reitora da Comunidade de Montes de Tameiga e integrantes de diversas organizacións ecoloxistas de Vigo.

Entrada libre

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+01:00)

Localización

ONCE

Av. da Gran Vía, 16, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events