SUSTO QUE FLIPAS + QUEIMACASAS
14dec21:00SUSTO QUE FLIPAS + QUEIMACASASCONCERTOS | 5,00€21:00(GMT+01:00) El Contrabajo
Detalles do eventos
SUSTO QUE FLIPAS é unha banda de subnopunk (signifique isto o que signifique), formada en Corcubión por cinco mulleres, que decidiron en 2023 dar renda
Detalles do eventos
SUSTO QUE FLIPAS é unha banda de subnopunk (signifique isto o que signifique), formada en Corcubión por cinco mulleres, que decidiron en 2023 dar renda solta a unha das súas pulsións creativas asustando á xente. Andre Pla (teclado, coros), Carmorrista (batería), E-basscoon (baixo, coros) Stacy Malibú (animación e asistente de viaxes) e Coronel Raquel (guitarra e voz principal). Ían para princesas, pero quedaron en lerchas, algo que, lonxe de limitarlles a vida, souberon aproveitar ao seu favor, tocando e dicindo o que lles dá a gana a través das súas cancións, coa retranca sempre na boca. “Bocadillo de xarda”, “Solo soy una chica” “No me contamines la almeja” e “Pilates en pelotas” son só algúns dos seus temas máis exitosos. Están inspiradas polas máis diversas influencias, desde Björk ata Flos Mariae. Non tocaron con moita xente, pero si a moita xente.
QUEIMACASAS, unha banda de rock con acentos de mar e salitre. Unha rapsodia de ritmos, que exploran o rock, o reggae, blues, e sons caribeños, cunha cousa en común, facer suar á xente.
Máis
Hora
14 decembro, 2024 21:00(GMT+01:00)
Localización
El Contrabajo
Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes