CAMELIAS MASCOTAS

SuperArte

03mai20:00SuperArteCONCERTOS | De balde con reserva20:00(GMT+02:00) Sede Afundación

Detalles do eventos

Afundación, Obra Social ABANCA, colabora coa Fundación SIFU e acolle o proxecto «Superarte – Inclusión a través de la música», no que artistas con e sen discapacidade demostran que o talento non ten barreiras. O CONCERTO SUPERARTE terá lugar o venres 3 de maio ás 20.00 h a Sede Afundación en Vigo (Policarpo Sanz, 26).

A Fundacion SIFU traballa co obxectivo de promover e fomentar a inserción social e laboral das persoas con discapacidade traballando na sensibilización e concienciación social, a integración sociolaboral e a Responsabilidade Social Empresarial.

Hai 10 anos, iníciase o proxecto Superarte de cultura e arte inclusivo. Este proxecto naceu co obxectivo de promover a cultura e a arte inclusivo para dar oportunidade ás persoas con discapacidade a desenvolver o seu talento no ámbito das artes escénicas e favorecer o desenvolvemento dos artistas co fin de conseguirlles un futuro profesional neste campo.

A Fundación SIFU, colaborador co evento de arte inclusiva máis importante de Europa, aposta polo desenvolvemento de tecnoloxías que faciliten o acceso de persoas con discapacidade á música e a danza, desenvolvendo tecnoloxías como o EyeHarp, o Travel Sax ou o Oxi One.

Reserva

Máis

Hora

3 maio, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events