CANS
GALAXIA

SUN IOU + Pauliña + Kris K DJ

06abr22:00SUN IOU + Pauliña + Kris K DJCONCERTOS | Desde 10,00€22:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

SUN IOU é como se di na variante do galego falado en Goián, ao sur da Galiza. O nome é unha reivindicación da esencia deste proxecto nacido da man de tres amigos no barrio obreiro de Teis en Vigo. As melodías e letras xurden primeiramente no imaxinario creativo de Tamara Martínez, a música vai pasando pola peneira de Evaristo Alejos e coas súas aportacións van conformándose os temas. Os dous deciden comezar a facer probas de gravación na casa que pouco a pouco van compartindo cos seus achegados. Mikele Fagá (técnico de son no mítico estudio vigués dos 90 Sonoroterapia) deixase conquistar pola proposta e súmase ao dúo dándolle un novo pulo e consolidando o proxecto con ilusión de futuro. Mikele elabora as bases de batería, os debuxos das guitarras eléctricas e inclúe pinceladas sinfónicas que aportan cor e profundidade aos temas.

Programación Rebullón

*VENRES 5 *
22 H: Silverback+ The resacas + Alma de piedra
Prezo único: 10€

SÁBADO 6
22 H: Presentación disco de SUN IOU + Pauliña+ Kris K DJ
Prezo: 10/12€

VENRES 12
20.30 h Suicida angels + Lethal vice + Kratos
Prezo: 18/ 23€

SÁBADO 13
22 h: The Elvis connection
Con Alberto Cunha, Andrés Cunha, David Vázquez, Chus Dasilva, Paulo
Pascual e Javier Soto.
Prezo: 10€ anticipada á venda en Bar Princesa e Cantina As Pedriñas
12€ billeteira

SÁBADO 20
21 h Merina Gris + Futuro Alcalde
Prezo: 10€

VENRES 26
19 h Teatro: Falemos como galegas da Compañia Migallas teatro
Entrada de balde

SÁBADO 27
A partir das 18 h, II Edición do Moska Rock
Liorta + Cuarta Xusta +Satxa + Sustanciados + To-Xo + Residuos do
sistema
Prezo: 15€ billeteira 12€ anticipada

Máis

Hora

(Sábado) 22:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events