
28ago18:00Sons da CanteiraFESTIVAIS E FEIRAS| Prezos varios18:00 Canteira de Vilafría (O Porriño)
Detalles do eventos
Usando como escenario as paredes escarvadas da antiga canteira de Vilafría, o Festival Sons da Canteira celebrará a súa segunda edición o vindeiro sábado 28 de agosto. Ademáis
Sons da Canteira
Usando como escenario as paredes escarvadas da antiga canteira de Vilafría, o Festival Sons da Canteira celebrará a súa segunda edición o vindeiro sábado 28 de agosto. Ademáis da chamativa posta en escena, na que tamén teñen moito protagonismo as proxeccións sobre a pedra, o principal reclamo do festival é un cartel formado por artistas contemporáneos con raíces galegas, no que se mesturan a tradición e a modernidade.
O cartel desta edición estará formado polo trap galego, flow costumista e twerking rural de Boyanka Kostova; o pop, disco e trap de Verto; o folklore africano, a electrónica e o dancehall da lisboeta Pongo que ofrecerá en Sons da Canteira o seu único concerto en España; os sons eclécticos de Mounqup, que estreará no festival o seu novo espectáculo “MQAVD”; polos sets variados e transversais da DJ Teresa Ferreiro; e polo grupo local de danza e música tradicional Os Penediños de Atios
As entradas para esta edición de Sons da Canteira xa se poden mercar na web sonsdacanteira.gal, por 24 € a entrada individual e en parellas, e de 22 €/persoa para grupos de catro e seis asistentes.
Para facilitar o acceso á Canteira de Vilafría, a organización porá a disposición dos usuarios e usuarias autobuses gratuítos con saída dende O Porriño (ás 17h00, 17h30 e 18h00). Á hora de facer a compra, cada persoa poderá escoller o horario de autobús que mellor se lle axuste, xa que este será o único xeito de acceder cun vehículo ao recinto do festival. Unha vez no recinto, a pulseira de acceso funcionará tamén como moedeiro para facer todos os pagos pertinentes durante o festival utilizando a tecnoloxía cashless. Do mesmo xeito, o festival implanta nesta edición un servizo de atención en mesa para evitar aglomeracións e desprazamentos durante os concertos.
Máis

(Sábado) 18:00
Canteira de Vilafría (O Porriño)