
Sondeseu celebra o seu XX aniversario no Teatro Afundación
Detalles do eventos
SonDeSeu é a Orquestra Folk de Galicia que fixo e segue a facer historia celebra os seus 20 anos con catro concertos en acústico en teatros. O primeiro
Detalles do eventos
SonDeSeu é a Orquestra Folk de Galicia que fixo e segue a facer historia celebra os seus 20 anos con catro concertos en acústico en teatros. O primeiro dos directos, que será sen amplificación e terá lugar en Vigo, a mesma cidade na que agromou SonDeSeu. A cita será o xoves 12 de maio, no Teatro Afundación, ás 20:30 horas.
A Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu nace hai vinte anos no seo do extinto Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo, a actual ETRAD. A agrupación explora a fusión e mestura das músicas de creación colectiva con elementos contemporáneos desde unha visión orixinal que se aproxima, ás veces, ás expresións da música culta. Ao tempo, desde a perspectiva educativa, crea sinerxías e un tramado completo tanto á hora formativa como á hora de presentar un colectivo sólido e pioneiro en Europa.
A suma da creatividade colectiva e a posta en valor da música de raíz ao longo destas dúas décadas materializáronse en numerosos proxectos de investigación no ámbito da música folk e eventos singulares como o ‘Libro branco da educación en música tradicional’, ‘O canto das Illas’, ‘Arraianos’ ou a Rede Europea de Orquestras Folk ENFO. Estas iniciativas sitúan SonDeSeu como un referente da música galega tanto no país coma noutros puntos da península e de Europa.
Máis
Hora
12 maio, 2022 20:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual
Séguenos nas redes