REVISTA ABRIL

SON Estrella Galicia: Nick Hakim + Marem Ladson

03xan20:30SON Estrella Galicia: Nick Hakim + Marem LadsonCONCERTOS | Desde 10,00€20:30(GMT+01:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

Nick Hakim non ten filtros nin entende de etiquetas. Desde 2013, sen aparente esforzo e grazas a unha efervescente creatividade, veuse resistindo a calquera ánimo de categorización e a partir do seu álbum debut, ‘Green Twins’, corroborou o seu status de artista versátil traspasando os límites entre estilos e abrazando con fluidez xéneros como o R&B, o soul ou a psicodelia. A partir de aí pasou a reunirse e colaborar con artistas da talla de Erykah Badu, Anderson Paak, BADBADNOTGOOD, Mac DeMarco ou Onyx Collective, entre outros.

Se o seu segundo álbum, ‘Will This Make Me Good’, nacía como inmediata resposta ao bloqueo xeneralizado froito da pandemia, o recentemente publicado ‘COMETA’ levaba ao artista estadounidense alén da súa particular montaña rusa emocional. Un disco que, debido á vida nómade que adoptou Hakim en 2021, foise rexistrando entre distintos estudos de gravación domésticos de Texas, Carolina do Norte, California ou Nova York, man a man xunto a un antigo colaborador, o produtor e enxeñeiro de mesturas Andrew Sarlo.

Martes 3 ás 20:30

Máis

Hora

(Martes) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events