'Son animal' de Paco Nogueiras
27dec16:5516:55'Son animal' de Paco Nogueiras16:55 - 16:55(GMT+01:00) El Corte Inglés
Detalles do eventos
O sábado 28 de decembro, ás 18.30 horas, Paco Nogueiras visita El Corte Inglés de Vigo para representar o seu espectáculo “Son animal”, no anexo – planta baixa.
Detalles do eventos
O sábado 28 de decembro, ás 18.30 horas, Paco Nogueiras visita El Corte Inglés de Vigo para representar o seu espectáculo “Son animal”, no anexo – planta baixa.
Nel, o artista combina cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.
Dedicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidísimas cancións para cantar e bailar a calquera idade.
O bruar da vaca, o miañar do gato, o ladrar do can, o cacarexar da galiña, o zunir do mosquito… Ecos do mundo animal que inspiran os doce temas deste espectáculo co que viaxamos polo mundo a través de diferentes estilos musicais: dende un aire portugués aos ritmos do leste de Europa, dende unha balada acústica a un animado rock and roll, dende unha fanfarra circense ata unha melodía de influencias andinas.
Unha fantástica oportunidade de saltar e de pasalo ben cos amigos nun particular camiño onde a música soa coa forma de sorriso.
As inscricións poden realizarse no correo electrónico: eventosvigo@elcorteingles.es
As prazas son limitadas.
Máis
Hora
27 decembro, 2024 16:55 - 16:55(GMT+01:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes