PORTAMERICA
REVISTA NADAL

Este é un evento repetitivo

'Solsticio de inverno'

26dec10:00'Solsticio de inverno'PEQUERRECHOS | De balde10:00(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

A biblioteca pública Juan Compañel ten preparadas diferentes actividades lúdicas dirixidas aos pequenos da casa para que gocen do Nadal entre libros. As actividades divídense en tres bloques: ‘Nadal para bebés’, ‘Un Nadal de conto’ e ‘Obradoiros de Nadal’. A inscrición nas actividades abrirá nos próximos días e pode facerse de maneira presencial na propia biblioteca ou chamando ao teléfono 886 120 445.

Xoves 26 de decembro – ‘Contos e cantarelas de Nadal. Contos con música’ con Bea Campos
Ás 17:30 e ás 18:30 h
Os tres porquiños teñen todo preparado para pasar un Nadal de conto. Pero unha sorpresa inesperada levaraos a protagonizar unha divertida aventura.

Xoves 2 de xaneiro – ‘5 ratiños’ con Bea Campos
Ás 17:30 e ás 18:30 h
Na aldea de queixo fresco os ratiños cantan cancións e escoitan divertidas historias; a da ratiña e a moeda de ouro ou a do rato que se agocha nun zapato.

Luns 23 de decembro – ‘Didi e o roubo de Nadal’ de Trémola Teatro
Ás 17:30 e ás 18:30 h
Didi é o elfo máis despistado do mundo; sempre chega demasiado cedo ou demasiado tarde, pérdese polo camiño… Queredes coñecer as súas incribles aventuras? Cun pouco de sorte poderá cumprir a súa misión

Venres 27 de decembro – ‘O homiño de mazapán e outros contos’ de Bea Campos
Ás 17:30 e ás 18:30 h
Divertida sesión de contos tradicionais e propios para pasar un gran momento nas nosas vacacións de Nadal.

Sábado 28 de decembro – ‘The holly Christmas postman’ de Academia Bastón
Ás 12:00 h
Contacontos en inglés sobre o Nadal cunha pequena actividade manual relacionada coas emocións, tamén traballarán os valores que se representan no conto.

Luns 30 de decembro – ‘A estreliña despistada’ de Trémola Teatro
Ás 17:30 e ás 18:30 h
Estela, a estreliña máis despistada de todo o ceo ten unha misión moi importante que levar a cabo: chegar ata o portal de Belén e iluminalo. Pero claro… polo camiño atópase con moitas cousas por facer.

Venres 3 de xaneiro – ‘O que non sabías do Nadal’ de Trinke Trinke
Ás 17:30 e ás 18:30 h
Os Ratos de Lonxedetodo, uns simpáticos ratiños e ratiñas, veñen contarnos á biblioteca o que non sabemos do Nadal, a que devecedes por saber?

Sábado 4 de xaneiro – ‘Acuarela’ de Mago Toño
Ás 12:00 h
Unha viaxe polos diferentes elementos do ilusionismo: panos, cartas… se combinan maxistralmente con elementos sorpresa como malabares e monicreques para encher a biblioteca de maxia.

Luns 23 de decembro – ‘Contos en construción: historia do Nadal en Galicia’
Ás 10:00 h e ás 12:00 h
Actividade baseadano libro O castiñeiro do Apalpador de Nuria Díaz: traballarase sobre o conto par logo materializar algunha das súas escenas coa construción dun modelo en 3D.

Xoves 26 e venres 27 de decembro, xoves 2 e venres 3 de xaneiro – ‘Solsticio de inverno’
Ás 10:00 h
O inverno como fonte de inspiración para a creación: a cor branca, a luz ou a paisaxe, serán puntos de partida para a elaboración de proxectos individuais ou colectivos relacionados co libro como obxecto artístico.

Luns 30 de decembro – ‘Un Nadal doutro tempo’
Ás 10:00 h e ás 12:00 h
Elaboración dun caderno pop-up poñendo a mirada na cidade de Vigo no Nadal a través de fotos antigas de Pacheco.

Máis

Hora

26 decembro, 2024 10:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events