REVISTA ABRIL

Soleá Morente + dani

01xul21:00Soleá Morente + daniCONCERTOS | 27,50€21:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Soleá Morente estará actuando o próximo 1 de xullo dentro do Festival TerraCeo, antes subirá ao escenario a artista viguesa dani.

Falar de Soleá Morente é dicir moitas cousas en poucas palabras. É falar dunha das familias máis importantes a nivel cultural neste país, a que montaron o innovador e cantaor granadino Enrique Morente e a bailaora Aurora Carbonell. De aí xurdiu unha estirpe que ha alargando os límites da creatividade en innumerables campos, e non nos equivocamos se dicimos que Soleá é a máis versátil, a máis camaleónica, a máis rompedora.

No campo do cinema e o audiovisual, traballou con directores como Jonás Trueba, Paco Léon , ou Isaki Lacuesta. E no campo da música, o que máis cultivou, comezou formando parte daquela superbanda homenaxe ao seu propio pai, Los Evangelistas, que incluía a compoñentes de Los Planetas Lagartija Nick. Publicou catro discos nos que foi capaz de tocar innumerables estilos de parámetros radicalmente diferentes: electrónica, rock, pop, indie, shoegazing, tecno, rumba e, por suposto, flamenco. E fíxoo con grandes nomes da escena nacional, entre os que destacamos a Guille Milkyay (La Casa Azul), Ana Fernández-Villaverde (La Bien Querida), David Fernández (La Estrella de David) ou Jota (Los Planetas). Isto plasmouse en recoñecemento de crítica e público, actuacións nos escenarios máis recoñecidos, portadas de revistas e podios nas listas do mellor do ano.

Máis