CANS
GALAXIA

Sinsal Primavera: Deafkids

05abr21:30Sinsal Primavera: DeafkidsCONCERTOS | Desde 10,00 €21:30(GMT+02:00) Radar Estudios

Detalles do eventos

Sinsal pretende visualizar propostas singulares e únicas, podendo gozar dun cartel conformado, nesta ocasión, por bandas e solistas procedentes de Brasil, Estados Unidos e Alemania e que actuarán por vez primeira en Galicia. 

O 5 de abril, terá lugar o primeiro dos directos, que chegará da man de Deafkids, banda brasileira cuxa sonoridade transita entre o rock industrial, a psicodelia, o noise, o hardcore ou mesmo a música africana, entre outros moitos. Para Deakfids, todos os xéneros son benvidos para avanzar coa “desprogramación sónica” da mente. 

Sinsal Primavera 2024 desenvolverase nun dos espazos de referencia do universo da investigación, creación, innovación e produción contemporánea no ámbito local, comarcal e galego, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO). Ademais, por segundo ano consecutivo, o evento estenderase a unha das salas de concertos máis relevantes e alternativas da cidade, a Radar.

PROGRAMACIÓN COMPLETA SINSAL PRIMAVERA 2024

5 de abril, 21.30 horas na Sala Radar | Deafkids (Brasil)
19 de abril, 20.30 horas no MARCO | Kristin Hersh (Estados Unidos)
9 de maio, 20.30 horas no MARCO | Julius Gabriel (Alemania)

Entradas

Máis

Hora

(Venres) 21:30(GMT+02:00)

Localización

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events