
SINATURA DO LIBRO 'ENVENENADORAS'
Detalles do eventos
El Corte Inglés de Vigo acolle a sinatura de Envenenadoras o novo libro da farmacéutica e criminóloga, Marisol Donis. A novela, que saíu á venda o 17 de
Detalles do eventos
El Corte Inglés de Vigo acolle a sinatura de Envenenadoras o novo libro da farmacéutica e criminóloga, Marisol Donis. A novela, que saíu á venda o 17 de febreiro, fai un repaso detallado de case medio centenar de crimes reais cometidos a mulleres na historia recente.
SINOPSE
Envelenadoras. Mulleres que matan, no ámbito doméstico sempre, por necesidade, para fuxir da miseria ou os malos tratos, ou tamén por xenreira, por pura desesperación, mesmo por compaixón. Mulleres que matan co que teñen a man, con imaxinación, sen sangue, en silencio.
A historia do crime perpetrado polas mulleres ao longo da historia resúmese, nunha palabra: veleno.
Desde a cociña, facendo uso do que tiñan máis a man, como alcol de queimar, mistos ou puntas de alfinete, aínda que tamén en ocasións facendo gala de recursos máis refinados como estricnina ou arsénico, as nais de familia, cociñeiras, doncelas, serventas ou abnegadas amas de casa mataron usando o veleno.
Este libro, escrito pola farmacéutica e criminóloga Marisol Donis, autora doutras obras de non ficción centradas na criminoloxía e a súa historia, como a aclamada Emilia Pardo Bazán e a súa fascinación pola criminoloxía (Alrevés, 2023), fai un repaso detallado de case medio centenar de crimes reais cometidos por envelenadoras na historia recente prestando atención non só ao ocorrido, aos feitos e aos métodos empregados, ao seguimento da prensa, ás investigacións da Policía e á atención popular que espertaron, senón tamén ás circunstancias persoais de todas estas mulleres. Por que mataron? Por que decidiron facelo así?
Máis
Hora
20 febreiro, 2025 18:00(GMT+01:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualfebreiro
- Mes actual