
12mai22:30Shoda MonkasCONCERTOS | Desde 15,00€22:30 Hache Club
Detalles do eventos
Gabriel Díaz, máis coñecido como Shoda Monkas, naceu en Albacete en 1993. A primeira vez que pisou un escenario foi en 2008. O artista, de 28 anos, leva
Shoda Monkas
Gabriel Díaz, máis coñecido como Shoda Monkas, naceu en Albacete en 1993. A primeira vez que pisou un escenario foi en 2008. O artista, de 28 anos, leva toda a vida involucrado na música, e estivo actuando en máis de 30 cidades da xeografía Española nos últimos anos.
En novembro de 2018 sacou o seu primeiro disco en solitario, titulado ‘Paz Feelin’s’, producido na súa totalidade por Shack Rose. Shoda Monkas tamén publicou ‘Super Sport’, unha mixtape de 5 cortes que colocou o seu nome entre os artistas mais relevantes do momento, e finalmente, co seu último álbum, ‘Mum, she loves me’ conseguiu consolidarse na escena actual, pechando máis de 20 datas durante a súa xira e contando con mais de 300K oíntes.
Actuará o venres 12 de maio ás 22:30h no Hache Music Club coa súa xira MPFCTX (Música Para Follar Con Tu Ex) TOUR.
Máis

(Venres) 22:30
Hache Club
Tr.ª Santiago de Vigo, 4, 36201 Vigo, Pontevedra