ASNEVES
REVISTA MAIO

Semana de Portas Abertas Swing On

27setTodo o día01outSemana de Portas Abertas Swing OnACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Simia Espacio

Detalles do eventos

A escola de baile Swing On Vigo alíase con Simia Espacio Coworking para ofrecer clases de diferentes bailes asociados ás primeiras décadas da era do jazz.

Count Basie, Duke Ellington, Ella Fitzgerald, Louis Armstrong… estes son tan só algúns dos grandes nomes do jazz que nos anos 30 e 40 enchían salóns de baile ao longo e ancho dos Estados Unidos. Agora, un século despois, podes aprender estes estilos de baile, e comezar a sentir esta música con algo máis que os teus oídos. Os encargados son o equipo de Swing On, un grupo de amantes deste tipo de bailes, que te achegarán aos diferentes estilos como o lindy hop, o shag ou o solo jazz… e cos que poderás comezar a desfrutar das sesións de baile na rúa, charlas, proxeccións, concertos e outros eventos que divulgan a cultura do jazz e os seus bailes asociados.

Do 27 de setembro ao 1 de outubro poderás probar as súas clases de maneira gratuíta na semana de portas abertas. Máis info sobre horarios e reservas en www.swingonvigo.com
A partir do 4 de outubro comeza o curso con clases, eventos e unha chea de sorpresas.

Máis

Hora

Setembro 27 (Luns) - Outubro 1 (Venres)(GMT+02:00)

Localización

Simia Espacio

Rúa de Alfonso XIII, 9 Vigo, Pontevedra

Other Events