PORTAMERICA
REVISTA NADAL

Semana da Arte Dixital

20feb12:30Semana da Arte DixitalFESTIVAIS E FEIRAS | De balde12:30(GMT+01:00) CC Vialia

Detalles do eventos

Concertos, sesións DJ e VJ, mesas redondas e conferencias con 17 artistas galegos, nacionais e internacionais.

Unha iniciativa de SMTH xunto a Vialia Vigo, comisariada e organizada polo Festival MMMAD co apoio de Nhood.

Do xoves 17 ao domingo 20 de febreiro, este espazo converterase nunha referente da arte dixital, acollendo a artistas, comisarios e profesionais do sector, cunha sesión de pensamento e cunha sesión ‘ao vivo’ cada día.

HORARIOS:
X 17 Feb, 18:00 – 19:30 > Pensamento: ‘Nuevos paisajes artísticos: Vigo’ con Nuria López, Les Enfants
Créatifs, Raquel Álvarez e Sergy Derois
X 17 Feb, 19:30 – 21:00 > Live Session: Álvaro Chior
V 18 Feb, 18:00 – 19:30 > Pensamento: Conferencia de Natalia Stuyk
V 18 Feb, 19:30 – 21:00 > Live Session: Akazie + Natalia Stuyk
S 19 Feb, 18:00 – 19:30 > Pensamento: Conferencia performativa de Marta Verde
S 19 Feb, 19:30 – 21:00 > Live Session: Yugen Kala + Juanma Lodo
D 20 Feb, 12:30 – 14:00 > Pensamento: Mesa Redonda ‘Post-digital Landscapes’ con Alejandro Vázquez
Tomé, Lauren Moffat e MIL111.lab.
D 20 Feb, 14:00 – 15:30 > Live Session: Da Rocha + Federico Guardabrazo
Ademáis, ás 12:00, 14:00, 16:00 y 18:00h nos soportes dicitais do centro e de 19:30 a 21:30h na Sala Inmersiva, poderase ver a exposición colectiva ‘Post-digital Landscapes’ con de obras de Alejandro
Vázquez Tomé, Baum & Leahy, Lauren Moffatt, MIL111.lab e Thomas Brett.

Programa do domingo 20 de febreiro:

Para a sesión vermut do domingo 20 pecharase o ciclo de pensamento coa mesa redonda ‘Post- dixital Landscapes’ contando con tres dos cinco gañadores da convocatoria: Alejandro Vazquez Tomei, artista galego que constrúe as súas pezas ao redor das temáticas da identidade, as relacións humanas e o poder da imaxe nunha sociedade postindustrial e dixitalizada; Lauren Moffatt, é unha artista australiana que traballa contornas inmersivas e narrativas experimentais presentadas en formas híbridas e iterativas, e que exploran a subxectividade dos corpos conectados e os límites entre a vida dixital e a orgánica; e MIL111. lab, un colectivo artístico, fundado por Iría do Bosque e Borja Bernárdez, centrado no deseño de experiencias inmersivas, instalacións e pezas audiovisuais.

Para pechar a Semana da arte Dixital de Vigo, contarase coa actuación de Dá Rocha, artista plástico, dj e produtor musical de Vigo, a súa música achégase a estilo experimental desde múltiples xéneros como o Bass, o Ambient, o Industrial ou o Spoken Word; en conxunto co artista e arquitecto Federico Guardabrazo, que investiga o binomio arte-tecnoloxía e presentará a súa peza Ruderis. Esta peza mostra unha viaxe a través dunha paisaxe dixital neblinoso poboado por modelos tridimensionales de plantas ruderales.

Máis

Hora

20 febreiro, 2022 12:30(GMT+01:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events