'Seda de Cabalo', de Manuel Vilariño
Detalles do eventos
De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 Domingos, de 11.00 a 14.30 Seda
Detalles do eventos
De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 14.30
Seda de cabalo é a maior de cantas exposicións se realizaron ata esta data de Manuel Vilariño, fotógrafo e poeta, Premio Nacional de Fotografía 2007. Unha mostra comisariada por Fernando Castro Flórez, que revisa a súa traxectoria a través dunha selección de obras (fotografías, instalacións, vídeos, e tamén unha parte da súa produción poética) desde 1980 ata a actualidade. Data para visitala ampliada ata o 4 de abril.
Atendendo a unha orde máis formal e conceptual que cronolóxica, a selección de obras e a súa disposición en salas responde á vontade de manter esa continuidade poética, temática e ambiental que dá sentido ao percorrido e a toda a obra de Manuel Vilariño no seu conxunto. Así, a montaxe que se articula nas salas do MARCO lévanos dende a súa particular ollada sobre os animais, e a súa reinterpretación da esencia dun xénero clásico como o do bodegón (Vilariño como grande mestre da natureza morta), á súa visión da paisaxe, intimamente relacionada coa melancolía, nun diálogo permanente e sutil entre a vida e a morte.
Máis
Hora
17 setembro, 2020 11:00 - 4 abril, 2021 14:30(GMT-11:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes