REVISTA ABRIL

Sanny + banda

03xuñ21:30Sanny + bandaCONCERTOS | Desde 6,00€21:30(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

Sanny, o nome artístico da viguesa Sandra Gómez, debuta este sábado 3 de xuño a partir das 21:30 na Fábrica de Chocolate coa súa nova banda. Anxo Paz á batería, Bruno Costas ao baixo e Denis Carballás á guitarra conforman esta agrupación coa que a compositora leva as súas cancións ao directo dunha maneira moito máis coidada e ambiciosa. Unha velada de folk, country e indie que fará as delicias dos amantes da música norteamericana.

O repertorio estará formado polos temas do seu primeiro EP, Loners Downtown (2019), adaptados a esta nova formación, ademais de novas cancións que compuxo nos últimos anos. Dous delas xa están dispoñibles en plataformas dixitais: ‘25’ e ‘Bird in a Cage’, gravadas en Radar Estudos por Pablo Iglesias. Despois de numerosos concertos pola xeografía galega, e noutros puntos da península como Porto ou Xixón, Sanny volve á súa cidade para presentar a súa flamante banda e as súas novas composicións.

Entradas anticipadas

Máis