Sangre de Muérdago
30out21:00Sangre de MuérdagoCONCERTOS | Caixa inversa21:00(GMT+01:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
A semana do Samaín chega forte á Rebullón. Para celebrar o mellor da cultura galega, a Comunidade de Montes de Tameiga programa dous eventos: o
Detalles do eventos
A semana do Samaín chega forte á Rebullón. Para celebrar o mellor da cultura galega, a Comunidade de Montes de Tameiga programa dous eventos: o concerto de Sangre de Muérdago o mércores 30 ás 21 horas e o xoves 31, desde as 18 horas, toda unha gran festa de Samaín.
Concerto de Sangre de muérdago o mércores 30 ás 21:00h na Sala Rebullón con caixa inversa.
A banda, liderada polo ourensán Pablo Caamiña, está de volta en Galicia logo de terse establecido durante anos en Leipzig, Alemaña, onde acadou o éxito co mellor folc galego e letras no noso idioma.
O grupo leva máis de quince anos na escena, desde que no 2007 sacara á luz o seu primeiro traballo. Desde entón, e partindo do estilo da vella escola do folc galego, forxou o seu son íntimo e delicado en escenarios de todas as cores e de medio mundo, con recoñecido éxito.
Sangre de Muérdago chega á Rebullón para presentar o seu último traballo, “O vento que lambe as miñas feridas”, co que está a xirar por España, con datas xa pechadas en cidades como Madrid, Barcelona ou Zaragoza, entre outras.
Máis
Hora
30 outubro, 2024 21:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Séguenos nas redes