San Brais
03feb11:00San BraisAS NOSAS FESTAS | De balde11:00(GMT+01:00) Bembrive
Detalles do eventos
Este ano tampouco haberá furanchos en Bembrive pero si que haberá algúns actos para celebrar o San Brais este 3 de febreiro. As actividades que se manteñen son
Detalles do eventos
Este ano tampouco haberá furanchos en Bembrive pero si que haberá algúns actos para celebrar o San Brais este 3 de febreiro. As actividades que se manteñen son os actos relixiosos, a procesión e os concertos, todas elas durante a xornada de xoves. A xornada comeza ás 11:00 coa banda de cornetas de Beade. Ás 12:30 chega a misa maior cantada pola Coral Polifónica de San Roque, e a continuación sairá a procesión novamente acompañada polas cornetas, que tamén realizarán unha actuación ao rematar o roteiro relixioso.
Tras o xantar chega a quenda de Quinteto’s Folk ás 16:00, Lume de cana folk ás 17:30, novamente Quintetós folk ás 18:45 e para pechar a festividade o prato forte: Pelepau ás 20:00. Pelepau é unha agrupación viguesa formada por numerosos percusionistas, todos eles profesionais ou mestres do folclore galego. O seu obxectivo é adaptar as cancións tradicionais e populares desta terra con voces e percusións varias, creando espectáculos divertidos e interactivos e achegando a cultura galega a todos os públicos.
Máis
Hora
3 febreiro, 2022 11:00(GMT+01:00)
Localización
Bembrive
Estrada de Bembrive, 260, 36313 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes