Rutas interpretativas submariñas
Detalles do eventos
Dende o venres 8 ao domingo 10 de outubro podedes coñecer os fondos mariños dende o peirao do Museo do Mar de Vigo sen mollar un pé e
Detalles do eventos
Dende o venres 8 ao domingo 10 de outubro podedes coñecer os fondos mariños dende o peirao do Museo do Mar de Vigo sen mollar un pé e totalmente gratis.
Trátase dunhas rutas interpretativas submariñas, nas que coñeceremos o medio mariño da Ría de Vigo grazas a un ROV (dron submarino pilotado) que se somerxerá para transmitir en tempo real a imaxe que vai capturando baixo o mar a unhas lentes de realidade virtual que ten cada persoa.
Todo elo acompañado das explicacións dunha intérprete mariña.
Cada sesión realizarase en grupos de 4 persoas maiores de 7 anos (non está recomendado o emprego deste tipo de gafas para menores de 7 anos)
Reserva previa, do martes 5 ao venres 8 de outubro de 10:00 a 14:00, únicamente no 986 24 77 50
HORARIOS:
- Venres 8: 2 sesións ás 16:00 – 17:00
- Sábado 9: 4 sesións ás 11:00 – 12:00 – 13:00 – 17:00
- Domingo 10: 4 sesións ás 11:00 – 12:00 – 13:00 – 17:00
Máis
Hora
8 outubro, 2021 16:00 - 10 outubro, 2021 17:00(GMT+02:00)
Localización
Museo do Mar
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes