BANNER GALAXIA

17mai21:30'Running Teatro'ESPECTÁCULOS | De balde21:30(GMT+02:00) Centro Cultural de Nespereira

Detalles do eventos

O vindeiro sábado 17 de maio tedes unha cita coa obra de teatro Running, da compañía De Ste Xeito Producións, no Centro Cultural de Nespereira, situado en Lugar Areeiro 4B. Recomendado para maiores de 12 anos.

Stephy Llaryora e Sergio Macías son os protagonistas desta historia de amor e de humor da directora e dramaturga Esther F. Carrodeguas. Unha historia, en grao sumo actual, que retrata con ton grotesco a posible realidade familiar actual e as complicadas relacións de parella, dentro dunha sociedade que nos empuxa a ter unha vida atarefada, sobrecargada de información e caótica en xeral. Queda algún oco para o amor?

SINOPSIS

Xulia e Román acaban de coñecerse e o primeiro wHatsapp non tarda en chegar: Quedamos? Veña si! Pero cando? Fillas e fillos de parellas anteriores. Nais divorciadas. Avós na residencia. Adolescentes co pavo. O pequeno coa crise dos 8. Os grandes coa dos 40, coa dos 50, coa dos 60. Clases de ioga para liberar o estrés, patinaxe artística os luns, danza jazz os martes. E ser taxista. Das fillas, dos fillos, das fillas dos demais, do pai, da nai, da avoa, dos curmáns. E os deberes.

Os deberes da escola e o resto de deber. Deberes e deberes. Coidar de todo e de todos menos dun mesmo. Como facer que as axendas cadren? E por outra banda: de verdade quero comezar algo novo que poida supoñer máis deber e menos pensar nun mesmo?

Romeo e Xulieta tiñan as familias na contra dun amor prohibido. Xulia e Román aínda non saben se tanto se queren, pois as súas familias, as súas vidas, e os seus propios medos impiden brindar con esa primeira cervexa que podería facer nacer ou morrer o amor eterno. En escena, unha actriz e un actor que terán que suar a camiseta para meterse na pel de todos os personaxes desta vertixinosa comedia.

Máis

Hora

17 maio, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

Centro Cultural de Nespereira

Lugar Areeiro, 4B, 36817 O Areeiro, Pontevedra

Other Events