CAMELIAS NADAL

Roteiro Vigo pesqueiro: VIGO, ORIXES E ACTUALIDADE DUNHA URBE PORTUARIA.

10xul10:0110:01Roteiro Vigo pesqueiro: VIGO, ORIXES E ACTUALIDADE DUNHA URBE PORTUARIA.10:01 - 10:01(GMT+02:00)

Detalles do eventos

A Fundación para la pesca y el marisqueo, Fundamar, organiza un ano máis unhas xornadas Vigo Pesqueiro para amosar á poboación a riqueza do entorno costeiro da nosa cidade, percorrendo en seis roteiros a lonxa, os faros, os asteleiros, o cable inglés e as praias que configuran o patrimonio marítimo vigués.

  • Venres 10 de xullo: VIGO, ORIXES E ACTUALIDADE DUNHA URBE PORTUARIA. 

O punto de encontro será nas Instalacións Portuarias do Berbés, na entrada,  e alí comeza a visita, achegándonos á flota de baixura, ás artes de pesca, así como da comercialización, procesado e transformación do peixe. A continuación a visita guiada seguirá cara a Praza da Ribeira, cuxos soportais xa non baña o mar. Visitaremos as rúas estreitas e prazas tan ligadas á actividade pesqueira, e no Casco Vello remataremos a actividade.

  • Venres 17 de xullo:  A GUÍA: VIXÍA DO MAR. A NOSA ESTRELA NA TERRA 

  • Sábado 18 de xullo: A INDUSTRIA CHEGOU POLO MAR. DAS SALINAS Á AXENCIA EUROPEA DE PESCA

  • Venres 24 de xullo: DE PORTO CULTURA Á PRAZA DA ESTRELA

  • Venres 31 de xullo:  ORIXES DO MAR. DOS CASTREXOS ATA HOXE.

Máis

Hora

10 xullo, 2020 10:01 - 10:01(GMT+01:00)