REVISTA ABRIL

Roma Música

13abr19:30Roma MúsicaCONCERTO | De balde19:30(GMT+02:00) La Tita Rivera

Detalles do eventos

Reactivase a Xira MAKETÓN MAELOC WAY este 2023 co concerto de Roma Música na Tita Rivera este xoves 13 de abril a partir das 19:30 h, co acceso libre e gratuíto posto que estes concertos teñen como obxectivo o apoio á música local. O sábado 22 de abril é o “Record Store Day” e con este motivo o programa MAKETÓN MAELOC de Os40 Vigo desprázase á nova tenda de libros e discos Río Lagares para emitir un programa especial entre as 17:00 h e as 19:00 h da tarde. En próximos días daremos a coñecer as datas e artistas que estarán a actuar durante o mes de maio en LA Pecera (Vigo) e Nube Negra (Ponteareas), dentro da Xira MAKETÓN MAELOC WAY 2023.

Se falamos concretamente de Roma, estamos a falar dunha cantautora licenciada en filosofía é unha muller valente que se expresa libremente. Autora independente, experimenta a música coa liberdade e o entusiasmo dunha nena xogando cos elementos e creando universos. Deuse a coñecer coa canción “Dale, Dale” en 2021, primeiro single subido ás plataformas dixitais. En 2022 lanzaba o seu disco de debut “Mujer Fuente” con 9 temas e que estivo nomeado aos premios da música MAKETÓN MAELOC 2022 na categoría de mellor disco auto editado. Producido, gravado editado e masterizado na ADEGA RECORDS (Vigo) polos músicos e produtores Rober Carcos e Óscar Rodes. Este verán 2023 estará a presentar o seu disco nalgunhas cidades galegas e en festivais como o TERRACEO (Vigo) ou o ESPAZO FEST (Nigrán).

Xoves 13 ás 19:30 h en La Tita Rivera.

Máis

Hora

(Xoves) 19:30(GMT+02:00)

Localización

La Tita Rivera

Praza de Compostela, 17, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events